“Estamos hasta
el culo de tanto machirulo” Comunicado da Asoc. Mulleres
Cristiás Galegas Exeria
O título vai así, en castelán,
con toda a zafiedade da que un eslogan feminista é capaz porque iso é o que merece os xornalistas (por chamarlle
algo) Gustavo Santos do Faro de Vigo e
Fernando Martínez de El Periódico de España (www.epe.es), que
se atreven a poñer a unha noticia un titular
como este: “Voy a poner la
minifalda para sacar a
los hombres del bar y traerlos a misa”.
Está claro que estas palabras
so poden entenderse no contexto dun comentario en privado, porque as mulleres estamos afeitas a rirnos de nós
mesmas para poder avanzar en ambientes hostís. Non é de recibo que ese comentario, fóra do ámbito privado no que se
dixo, se converta nun titular de prensa. A indignación da propia interesada, María
Canosa Otero, é patente e así o puxo de manifesto nunha entrevista en Radio Pontevedra, na Cadea Ser, o mesmo
día da publicación do artigo,
As Mulleres Cristiás
Galegas Exeria estamos
tan indignadas coma ela!
Indignadas por un titular e
polo insulso dunha nova que, non suficientemente documentada no contexto eclesial, queda reducida
a unha anécdota graciosa.
Indignadas porque os
xornalistas en cuestión non sabe distinguir unha misa dunha liturxia da palabra,
nin cae na conta da importancia que ten dar relevancia a este feito:
que unha muller,
neste caso María Canosa Otero, se dirixa á asemblea presidindo unha celebración nunha parroquia.
Dóenos que se tome a chanza
que unha muller poda representar e dirixirse a unha comunidade crente.
A noticia, así contada, parece poñer en cuestión a capacidade das
mulleres, reducíndonos, unha vez máis, a unha minisaia.
Tamén resulta desaxustado neste contexto a insistencia en destacar que María Canosa
é concelleira. Que ten que ver un cargo municipal con
presidir unha celebración cristiá? Que relación ven estes xornalistas entre estes dous
desempeños?
A noticia merece todo o relevo que se lle poda dar, habida conta
da cantidade de mulleres que de xeito
silencioso están a desempeñar labores pastorais e litúrxicas nas nosas
parroquias, sobre todo no mundo
rural, e o pouco recoñecemento que está a ter o seu traballo. Tamén é
importante destacala dada a cantidade
de cregos que, con resabios de misoxinia, aínda se seguen a negar a que as mulleres desempeñen papeis de certo relevo nas parroquias na Diocese de Santiago en particular, e en xeral en todas as dioceses galegas.
Rogamos á dirección destes
medios informativos poñan máis conta en quen elixen para que nos conten as noticias. Dende logo, estas dúas
persoas non son as máis indicadas para tal fin. Non cumpren o mínimo requisito de boa práctica periodística en
materia de xénero, e de obxectividade e documentación relixiosa necesaria para escribir esta noticia.
Asoc. Mulleres Cristiás Galegas
Exeria www.exeria.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario